NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INICIA OS PROCEDEMENTOS PARA EXECUTAR A MELLORA DA ACCESIBILIDADE NA RÚA DE

 O CONCELLO DE CERVO INICIA OS PROCEDEMENTOS PARA EXECUTAR A MELLORA DA ACCESIBILIDADE NA RÚA DE GALDÍN

 

§  O alcalde e a tenente alcalde mantiveron unha reunión cos veciños da rúa onde se vai acometer a actuación

§  O orzamento da obra ascende a preto de 105.000 euros, procedentes do Plan Único

 

Cervo, 12 febreiro de 2022.- O concello de Cervo inicia os procedementos para executar a obra de mellora de accesibilidade na rúa de Galdín, en San Ciprián.

 

No día de hoxe, o alcalde Alfonso Villares, xunto coa tenente alcalde, Dolores García Caramés, achegáronse ata a rúa onde se vai acometer a actuación para manter unha reunión coa veciñanza do lugar.

 

A execución pretende mellorar a accesibilidade do vial, conseguindo integrar a circulación tanto de vehículos como de peóns. Vaise substituír a rede de abastecemento existente, así como tamén se vai instalar unha nova rede de saneamento cun sistema de separación. Por último, acometerase unha renovación do firme, adecuado ás condicións de accesibilidade actuais.

 

O orzamento total desta execución ascende a un total de 104.492 euros, con fondos procedentes do Plan Único.

Alfonso Villares: “con esta obra pretendemos mellorar as infraestruturas básicas existentes, apostando por un espazo de carácter público de calidade, cómodo e accesible, que contribúa a satisfacer as necesidades básicas da nosa veciñanza”.

Apunta o rexedor que “esta actuación, que nace froito da comunicación cos veciños e veciñas, está en sintonía coas liñas xerais do noso equipo de goberno de adecuar o noso municipio ao contexto actual en materia de accesibilidade e integración”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa