NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INICIA OS TRÁMITES PARA AMPLIAR O MUSEO DO MAR DE SAN CIPRIÁN

O ámbito proposto para tal fin abrangue, ademais do edificio existente, unha edificación privada empregada antigamente como vivenda

O primeiro paso é a aprobación da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal que xa están en exposición pública na páxina web da Consellería de Medio Ambiente

Este cambio nas condicións urbanísticas permitirá o uso dotacional da superficie total de 2.568

O Concello de Cervo vén de iniciar os trámites para ampliar o Museo do Mar, de San Ciprián.

Tal e como informou hoxe o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, “xa está en exposición pública na páxina web da Consellería de Medio Ambiente o documento da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal que redactamos para lograr ampliar o Museo”.

O ámbito proposto para levar a cabo a ampliación abranque, ademais do edificio existente, unha edificiación privada empregada antigamente como vivenda.

Nestes terreos que se plantexan para o aumento do Museo establécese a ordenanza Residencial mixta -espazo, en ordenación mixta, destinado xeralmente á vivenda e usos complementarios-; mentras que no Museo establécese a ordenanza Dotacional -propia de espazos en ordenación aberta, destinados a usos dotacionais ou servizos de interese público tales como escolar, deportivo, recreatrivo, relixioso, sanitario, asistencia…-.

 

Este cambio nas condicións urbanísticas permitirá pois o uso dotacional da superficie total que é de 2.568  m².

Tal e como explicou Villares “esta modificación é o documento de partida para conseguir o obxectivo do Concello de Cervo que pasa por incorporar o terreo contiguo para a ampliación do Museo para desfrute público, mellorando a calidade e a funcionalidade desta dotación cultural e favorecendo a posta en valor do noso patrimonio cultural”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa