NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INSTALARÁ MÁIS DUNHA DECENA DE COLECTORES PARA QUE A VECIÑANZA DEPOSITE OS

Os depósitos situaranse nas diferentes parroquias e desde a Administración local procederase á súa xestión e recollida con carácter periódico

Desde a delegación de Medio Ambiente, animan ás familias a sumarse tamén ao programa de compostaxe doméstica do que forman parte máis de 200 fogares

Así mesmo está aberto o prazo para participar no pedido conxunto de árbores froiteiras cuxas solicitudes están dispoñibles na Casa da Cultura e na Casa do Concello

O Concello de Cervo comezará a instalar nos vindeiros días máis dunha decena de colectores de cor negro para a xestión dos restos vexetais e de poda xerados pola veciñanza, que se situarán en lugares estratéxicos en cada parroquia e que a Administración local se encargará de recoller con carácter periódico.

Tal e como explican o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, estamos na data do ano propicia para desenvolver estas tarefas nas nosas fincas “polo que queremos facilitarlles tamén á veciñanza estes traballos cos que se xera habitualmente gran cantidade de restos vexetais”.

Méndez tamén quere animar ás familias que aínda non o fixeron a que se sumen ao programa de compostaxe doméstico que temos en marcha desde o 2011. A día de hoxe -explica- máis de 200 fogares cervenses xa autoxestionan os seus residuos facendo uso do composteiro que lles entregamos de xeito gratuíto. A edil recorda que desde o Concello “ofrecemos formación e apoio aos usuarios para a súa instalación e facemos un seguimento periódico da correcta utilización do recipiente”.

Trátase dunha experiencia enriquecedora e tremendamente positiva para todas as partes implicadas e en todos os aspectos, recoñece.

Así mesmo está aberto o prazo para participar no pedido conxunto de árbores froiteiras cuxas solicitudes están dispoñibles na Casa da Cultura e na Casa do Concello.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa