NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INVISTE MÁIS DE 17.000 EUROS NO ACONDICIONAMENTO DA PISCINA

 

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, achegáronse esta mañá ata a piscina municipal para supervisar os traballos de mantemento que se están a realizar estes días e que supoñen un custe de 17.386 euros, todos eles procedentes de fondos municipais.

Villares detallou a actuación que consiste no lavado a presión do vaso e das paredes da piscina cunha máquina hidrolimpadora,  rexuntando o pavimento e as plaquetas e repoñendo aquelas que se atopan deterioradas.

O rexedor apuntou que se trata dunha instalación única non só na Mariña, senón en toda a provincia de Lugo pola súa condición de olímpica, e recordou que para conseguir que estea nas condicións óptimas para as persoas usuarias que desfrutan deste deporte, o Concello destina unha cantidade moi importe de diñeiro público para o seu mantemento.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa