NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO INVISTE MÁIS DE 25.000 EUROS NO SANEAMENTO DA PARROQUIA DE CASTELO

Tal e como precisou o rexedor, Alfonso Villares, “seguimos a traballar pola mellora dos servizos esenciais nas nosas zonas rurais para mellorar o benestar da veciñanza e tamén para favorecer o asentamento de nova poboación”

O Concello de Cervo inicia o ano acometendo traballos na rede de saneamento da parroquia de Castelo.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o tenente de alcalde e edil de Obras, Plácido Pérez, acompañados polo pedáneo da zona, Jesús Otero, estiveron supervisando a actuación que suporá un investimento de máis de 25.000 euros, “procedentes integramente das arcas municipais”, tal e como precisou Villares.

En concreto as novas acometidas beneficiarán a unha vintena de vivendas dos burgos da Igrexa, do Castro, do Pazo e da Praza. A previsión é que esta actuación estea rematada neste mes de xaneiro,

Tal e como apuntou o rexedor esta é a liña de traballo que estamos a seguir desde este equipo de goberno "levamos anos traballando neste camiño para tentar conseguir que o saneamento integral do municipio no seu conxunto sexa unha realidade”.

Villares incidiu, así mesmo, en que se trata dunha actuación importante “coa que respondemos a unha demanda dos veciños, e coa que pretendemos mellorar a calidade de vida dos cervenses, neste caso en beneficio daqueles que viven no rural, co obxectivo de que todos e cada un dos recunchos do noso municipio dispoñan de servizos de calidade, en consonancia con medio ambiente, como neste caso; ao tempo que acondicionamos o noso rural para que sexa cada vez máis atractivo para o asentamento de nova poboación, de novas familias”, sentenciou.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa