NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO MELLORA A REDE DE RECOLLIDA DE AUGAS PLUVIAIS E O PAVIMENTO DA CONTORNA DA

A  actuación, que redunda na posta en valor do patrimonio dos e das cervenses, supón un investimento de máis de 10.000 euros  procedentes das arcas municipais

O Concello de Cervo segue a traballar pola posta en valor de todos os bens patrimoniais do municipio.

Nesta ocasión, o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, estiveron supervisando, acompañados de membros da Comisión Parroquial, os traballos de mellora da rede de recollida de augas pluviais e do firme que se están a executar estes días na Igrexa de Cervo.

Tal e como explicou o rexedor “a actuación supón un investimento de máis de 10.000 euros procedentes das arcas municipais, e consiste, a grandes rasgos, “na execución de novas canalizacións e na colocación de sumidoiros que van conectados á rede separativa de pluviais da Rúa da Igrexa, recentemente reformada; e na renovación do pavimento da contorna que estaba moi deteriorado”. Con estes traballos –engadiu Villares- o que conseguimos é  evitar a formación de charqueiras e reducir, consecuentemente, a humidade concentrada no interior da Igrexa, froito, en boa medida, da acumulación desa auga no exterior”.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa