NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO MELLORA A SEGURIDADE DOS PEÓNS CONSTRUÍNDO UNHA BEIRARRÚA QUE CONECTA TODO

O investimento total ascende a 150.000 euros, o 70% procedente dunha subvención da Consellería de Industria da Xunta de Galicia.

Villares: “esta nova beirarrúa permitiranos conectar unha zona moi transitada polos viandantes”

O Concello de Cervo está a construír estes días unha beirarrúa de 1,65 metros de anchura que conecta todo o Polígono de Cuíña.

O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Obras, Mali Méndez, supervisaron a actuación que ten un prazo de execución de 3 meses e que conta cun orzamento total que ascende a 150.000 euros, o 70% procedente da Xunta de Galicia, a través do programa de axudas de Mellora de Infraestruturas dos Parques Empresariais da Consellería de Industria.

Villares destacou a importancia desta obra que executamos nunha zona con gran afluencia de viandantes e que ata o momento carecía de espazos diferenciados para os peóns nese tramo que abrangue medio quilómetro de lonxitude “polo que con esta actuación, que enlazará todo o polígono, melloramos substancialmente á seguridade, favorecendo a convivencia do tráfico rodado e dos viandantes”.

O investimento inclúe, ademais da execución desta beirarrúa na Avenida da Veiga,  a instalación do tendido eléctrico, o aglomerado do aparcadoiro do IES Marqués de Sargadelos e a reposición do firme diante do Centro de Día Residencia.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa