NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO MELLORA AS PISTAS DE PÁDEL MUNICIPAIS DA VEIGA

Acaban de facerse traballos de mantemento nos dous terreos de xogo, instaláronse unhas lonas de PVC para favorecer o xogo e que non se vexa condicionado por factores meteorolóxicos, e habilitarase un vestiario para as persoas usuarias

As reservas poden formalizarse a través da páxina https://reservas.concellodecervo.com/

O Concello de Cervo mellora as dúas pistas municipais de pádel situadas no complexo deportivo da Veiga.

  • O edil de Deportes, David Rodríguez, achegouse ata as instalacións onde puido comprobar in situ o resultado dos traballos que consistiron na instalación de lonas de PVC que permiten dotar a instalación de opacidade favorecendo as condicións do xogo “que non ser verá condicionado por factores meteorolóxicos externos, como o sol ou o vento que é moi habitual nesta zona”.

    Ademais, tal e como explicou Rodríguez, vimos de realizar traballos de mantemento nos dous terreos de xogo “redistribución da area, verificación das xuntas e unha limpeza profunda para manter estas instalacións públicas na mellor das condicións”.

    Ao mesmo tempo –engadiu- habilitarase un vestiario que poderá ser utilizado por todas as persoas usuarias do complexo deportivo.

    Estes traballos “cos que conseguimos dar un salto de calidade ás nosas instalacións”, súmanse á dixitalización do proceso de reservas que levamos a cabo recentemente a través do enlace https://reservas.concellodecervo.com/, simplificando o procedemento para as persoas usuarias que practican este deporte.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa