NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO MOBILIZA 12.000 EUROS EN AXUDAS AO TRANSPORTE ESCOLAR PARA O ALUMNADO QUE C

As persoas beneficiarias deberán presentar a documentación requirida nas bases antes do 6 de novembro, no Rexistro Xeral da Casa do Concello

As bases estarán dispoñibles na Casa do Concello e na Casa da Cultura

A contía a recibir será de 150 ou 250 euros en función da renda familiar

O Concello de Cervo, a través da delegación de Educación, dispón dunha partida de 12.000 euros para as axudas ao transporte escolar daqueles alumnos que cursan estudios fóra do termo municipal; sempre que se trate de formación ou titulacións que non se impartan en ningún centro do termo municipal.

Os estudantes terán que cumprir os requisitos establecidos nas bases, dispoñibles na Casa da Cultura en na Casa do Concello, e presentar a documentación requirida antes do 6 de novembro, no Rexistro Xeral do Concello.

Tal e como sinalou o rexedor, Alfonso Villares, trátase dunha subvención financiada ao 100% con fondos municipais co obxectivo de “apoiar ás familias na educación dos seus fillos e contribuír a que exista igualdade de oportunidades. E por suposto, é unha forma de apoiar a formación e o estudo, ao igual que facemos con outras subvencións tamén municipais, como é o caso das axudas ao material escolar e libros, ás ANPAS ou aos colexios”.

Cada beneficiario, que deberá ter menos de 30 anos, e que cumpra os requisitos que recollen as bases recibirá 150 ou 250 euros, en función da renda familiar.

Ademais, o solicitante ten que cursar algunha destas titulacións: Ensinanzas universitarias, estudos musicais en conservatorios e escolas de música, Bacharelato (nalgunha das modalidades que non se imparten no Concello de Cervo) ou ciclo medio ou superior de Formación Profesional.

 

 

Documentación

En canto á documentación a presentar, deberase entregar no Rexistro do Concello fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar maiores de idade, fotocopia do libro de familia, autorización de todos os membros computables para obter información das diferentes administracións, copia cotexada do boletín de cualificacións ou certificación expedida polo centro educativo no curso 2019-2020 e, en caso de discapacidade ou dependencia, certificado emitido polo organismo oficial correspondente.

 

Aquelas persoas que desexen máis información ao respecto poden achegarse ás oficinas municipais ou consultar o Boletín Oficial da Provincia, do luns 19 de outubro. 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa