NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ORDENA A DEMOLICIÓN DOS DOUS ESQUELETOS DA ZONA DE GALDÍN, EN SAN CIPRIÁN

 O CONCELLO DE CERVO ORDENA A DEMOLICIÓN DOS DOUS ESQUELETOS DA ZONA DE GALDÍN, EN SAN CIPRIÁN

 

§  A entidade propietaria ten un prazo de tres meses para acometer esta demolición

 

Cervo, 5 novembro de 2021. O Concello de Cervo ordena a demolición dos dous bloques de vivendas sen rematar situados en Galdín, San Ciprián, a custo do interesado, que en ambos casos é a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Restructuración Bancaria S.A. (SAREB).

 

No caso de incumprimento da orde de demolición no prazo de tres meses, procederase, ou ben á execución subsidiaria da mesma, ou ben á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas.

 

Estas obras son dúas construcións non finalizadas, propiedade de Os Molineros e Pasillo Verde, cuxa licencia urbanística foi concedida xa no ano 2006 e debido á crise económica quedaron sen rematar.

 

Sinala o rexedor Alfonso Villares que “ fai xa máis de catro anos que iniciamos os trámites para lograr, en primeiro lugar, a caducidade da licencia de ambas construcións, que xa se conseguiu; e en segundo lugar iniciar un expediente de reposición de legalidade urbanística, que tamén está rematado”.

Engade o rexedor que “ordenar a demolición dos dous esqueletos é xa o último paso e agardamos que o SAREB, que é a entidade propietaria e encargada do custo da demolición, cumpra e execute este requirimento”

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa