NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PON A PUNTO OS AREAIS DE CARA Á CHEGADA DO BO TEMPO

O Concello de Cervo realizou estes días traballos de limpeza e acondicionamento dos areais do municipio, tal e como vén sendo habitual por estas datas, coincidindo co período de vacacións das crianzas a fin de proporcionarlles "ás familias e a toda a nosa veciñanza espazos seguros, ao aire libre, para poder desfrutar destes días festivos nestes tempos de pandemia".

Tal e como constataron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, retiráronse madeiras, maleza, e outros materiais que foron deixando os temporais dos últimos meses, pero tamén, restos xerados polo ser humano "como feces de mascotas, plásticos, envases..."; polo que tamén quixeron facer un chamamento ao civismo "para poder desfrutar todos destes espazos únicos que temos o privilexio de ter no noso municipio".
Esta pasada fin de semana xa vimos como as nosas praias foron, precisamente, un dos escenarios escollidos para gozar do bo tempo, e agardamos que así siga sendo "sempre mantendo unha actitude responsable, para protexer e protexernos".
Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa