NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PON EN MARCHA DESDE MAÑÁ UN SISTEMA DE CITA PREVIA PARA ATENDER DE XEITO PR

Nestes días, a través do Servizo De Emerxencias Municipal, perfilouse un protocolo de seguridade que delimita todas as zonas comúns e establece a obrigatoriedade do uso da máscara para as persoas que accedan ás instalacións, entre outras medidas

As persoas que precisen realizar algún trámite deben solicitar vez no teléfono 982 55 77 77

O Concello de Cervo pon en marcha a partir de mañá un sistema de solicitude de cita previa para atender as necesidades da veciñanza que así o requira, de xeito presencial e baixo estritas medidas de seguridade.

Deste xeito, nos últimos días xa se foi reincorporando ao seu posto de traballo todo o persoal municipal para ir adaptando a Administración local á nova situación nesta fase 1 da desescalada.

Aquelas persoas que precisen realizar un trámite de xeito presencial nas dependencias municipais deben chamar ao teléfono do Concello (982 55 77 77) no que lle outorgarán a cita en función do departamento que requiran e priorizando ás persoas maiores e máis vulnerables.

Unha vez se facilite a cita previa, a persoa deberá acceder pola porta principal do Concello, onde xa se instalou un empapador para a desinfección do calzado. O uso de máscara e a limpeza don xel hidroalcohólico –dipoñible na entrada- é obrigatorio.

Na zona de control verificarán a descontaminación do calzado, o uso do cubrebocas, e a utilización da solución hidroalcohólica.

Unha vez autorizado o acceso, a persoa debe, ou ben acudir directamente ao despacho no que previamente concertou cita, ou ben  esperar a súa quenda nunha das zonas de espera habilitadas –unha na planta baixa e outra na primeira planta- cun aforo máximo de 4 persoas, para dar cumprimento á distancia mínima de 2 metros. Deben permanecer nas instalacións o tempo estritamente indispensable para poder realizar os trámites administrativos.

Ademais, o elevador tan só pode ser usado por unha persoa cada vez: e sinalizáronse as escaleiras no sentido da subida e a baixada, para evitar o contacto. Así mesmo, tamén se delimitaron as zonas comúns e os despachos; e os baños de uso público e de uso do persoal municipal.

Os traballadores, ademais de ter garantida esa distancia de 2 metros para atender ao público, estarán dotados con máscaras -cirúrxicas e tamén FFP2- obrigatorias para transitar polos espazos comúns.

No día de hoxe, o servizo de prevención externo, acompañado de persoal municipal, supervisou os protocolos de sinalización e de seguridade establecidos, corroborando que se cumpren todos os parámetros e recomendacións fixadas por Sanidade.

Na medida en que vaia avanzando a situación de desescalada iranse modificando, adaptando e/ou implantando, se procede, medidas e recomendacións.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa