NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PRETENDE MELLORAR AS INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS DO ENCORO DE RIOCOBO

 O CONCELLO DE CERVO PRETENDE MELLORAR AS INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS DO ENCORO DE RIOCOBO

 

 

§  O encoro é un enclave que goza das condicións idóneas para a práctica do piragüismo

§  A mellora das instalacións permitiría incrementar considerablemente o número de deportistas que adestran alí

 

Cervo, 22 xaneiro de 2022.- Este pasado mércores, o rexedor Alfonso Villares mantivo unha reunión con Alfredo Bea e Martín Carballo, Presidente e Delegado da Federación Galega de Piragüismo, xunto con Manuel Gómez, representante do club local C.D. San Ciprián, para abordar a mellora das infraestruturas deportivas do encoro de Riocobo.

 

Neste encontro tratáronse diferentes fórmulas, que teñen como obxectivo dotar á localización dunhas instalacións que permitan, por un lado, facilitar os adestramentos aos deportistas que xa utilizan o embalse de xeito habitual, e por outro, ter capacidade de atracción para que novos padexeiros queiran exercitarse nel.  

 

Na actualidade adestra en Riocobo con regularidade o Club de Piragüismo San Ciprián. O club conta coa cesión de dous habitáculos situados na parcela á beira do embalse, que utiliza como almacén para o seu equipamento, así como vestiarios e unha pequena oficina para acometer diferentes trámites administrativos.

 

Nestes intres o club local xa conta con máis de 50 padexeiros e padexeiras, que se reparten nas diferentes categorías de base.

 

Sinala o alcalde Alfonso Villares que “a mellora de infraestruturas deportivas no encoro de Riocobo sería un pulo para este deporte no noso municipio e na comarca, posto que se trata dun sitio privilexiado para esta práctica deportiva que, nas condicións axeitadas, poderíase converter no epicentro do piragüismo da Mariña”.

 

Engadiu o rexedor que “desde o Concello de Cervo queremos apoiar a un club que traballa a base e pretende consolidarse, como é o C.D. San Ciprián” e subliñou que “desde o noso equipo de goberno apostamos decididamente pola práctica deportiva, e imos traballar decididamente para mellorar as infraestruturas dentro do noso municipio”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa