NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PROGRAMA DIFERENTES ACTIVIDADES CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VI

Ás 11:00 horas está prevista unha andaina que partirá da unidade residencial de Saúde Mental A Mariña, á que se sumará o alumnado do CEIP de Cervo; e que rematará ante a Casa do Concello

Ademais, convócase un minuto de silencio ás 12:00 horas, ante a Casa do Concello; unha usuaria da asoc. Saúde Mental lerá un manifesto escrito por unha vítima de violencia de xénero e o alumnado do CEIP de Cervo interpretará un tema en lingua de signos

Pola tarde, ás 18:30 horas, a presidenta de Mulleres en Igualdade Provincial Lugo-Cervo, Adelina Fernández, procederá a descubrir un banco morado que quedará instalado na Prazoleta da Casa da Cultura, e que ela mesma acondicionou en memoria de todas as mulleres vítimas desta lacra

A continuación, ás 19:00 horas, haberá teatro no auditorio a cargo da asoc. Saúde Mental A Mariña e do grupo de teatro Ardora.

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, en colaboración coa asociación Mulleres en Igualdade de Cervo (CERMEI), coa asoc. Saúde Mental A Mariña e co CEIP de Cervo, programa diferentes actos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que ten lugar cada 25 de novembro.

Así, ese mesmo venres 25, ás 11:00 horas está prevista unha andaina que partirá da unidade residencial da asoc. Saúde Mental A Mariña, á que se incorporará o alumnado do CEIP de Cervo, e que rematará na Casa do Concello onde unha usuaria da asoc. Saúde Mental lerá un manifesto escrito por unha muller vítima de violencia de xénero. A continuación gardarase un minuto de silencio.

Como actividade complementaria o propio CEIP de Cervo interpretará un tema en linguaxe de signos dedicado a todas as vítimas da violencia de xénero.

Xa pola tarde, ás 18:30 horas, a presidenta de Mulleres en Igualdade Provincial Lugo-Cervo, Adelina Fernández, procederá a descubrir un banco morado que quedará instalado na Prazoleta da Casa da Cultura, e que ela mesma acondicionou en memoria de todas as mulleres vítimas desta lacra.

A continuación, ás 19:00 horas están previstas dúas representacións teatrais no auditorio a cargo da asoc. Saúde Mental A Mariña baixo o título “teatro contra el bulllyng: eres único” e do grupo de teatro Ardora “vítimas da desigualdade”.

A maiores, durante esta semana iluminaranse de morado os diferentes edificios públicos, cor que simboliza a loita contra a violencia cara as mulleres.

Desde o Concello de Cervo convidan a sumarse ás diferentes iniciativas programadas e que nacen da colaboración entre diferentes colectivos do municipio que comparten un mesmo obxectivo de rexeitar radicalmente a violencia machista.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa