NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PROGRAMA O DESFILE DE ENTROIDO DE SAN CIPRIÁN PARA O MARTES, 5 DE MARZO

A saída terá lugar ás 18:00 horas dende a Praza dos Campos

  • A Charanga Os Macanudos animará a Festa e haberá máis de 2000 euros en premios
  •  
  • A Comida de Entroido, organizada polo C.I.T., será ás 14:00 horas, no Restaurante Buenavista
  •  
  • Haberá venda de bolos preñados ao remate do desfile da man da Asociación A Rebolaxe
  •  
  • Os interesados en participar poden inscribirse na Casa da Cultura de San Ciprián, chamando ao 982.59.51.57, ata o 1 de marzo incluído, e recibirán vales de consumición para os locais de hostalería de San Ciprián
  •  
  • Aceptaranse incricións ata o mesmo día da Festa na Praza dos Campos, pero sen dereito aos tickets
  •  
  • O venres, 1 de marzo, terá lugar o Carnaval Coletudo, na Casa do Mar de San Ciprián, organizado pola Protectora de Animais Coletiñas, coa colaboración da administración local

 

O Concello de Cervo programa o tradicional desfile de Entroido, para o martes, 5 de marzo.

Así o anunciaron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, durante a presentación do evento, na que tamén estiveron presentes representantes do Centro de Iniciativas Turísticas (C.I.T.), que se encarga de organizar a Comida de Entroido; de A Rebolaxe, que venderá os bolos preñados, e da Protectora de Animais Coletiñas, que tamén anunciaron o seu Carnaval Coletudo, que terá lugar o venres, 1 de marzo, na Casa do Mar de San Ciprián.

O desfile  de San Ciprián partirá ás 18:00 horas da carpa instalada na Praza dos Campos, e os disfraces percorrerán a Avenida da Mariña, chegarán ata a Ría e ata o Pedregal, para rematar no punto inicial.

A Charanga Os Macanudos amenizará a Festa xa dende as 17:30 horas; e ao remate do desfile haberá venda de bolos preñados a cargo da Asociación A Rebolaxe; e a música correrá a cargo do Grupo Eclipse.

Repartiranse máis de 2000 euros en premios entre os mellores disfraces do seguinte xeito:

INDIVIDUAL: 1º premio infantil 40 euros, 2º premio infantil 20 euros, 1º premio adulto 40 euros, 2º premio adulto 20 euros.

GRUPO XUVENIL: 1º premio 200 euros, 2º premio 120 euros, 3º premio 70 euros.

PARELLAS: 1º premio infantil 70 euros, 2º premio infantil 35 euros, 1º premio adulto 70 euros, 2º premio adulto 35 euros.

COMPARSAS (máis de 9 persoas): Infantil (1º premio 250 euros, 2º premio 170 euros, 3º premio 90 euros; adulto (1º premio 250 euros, 2º premio 170 euros, 3º premio 90 euros).

GRUPOS (de 3 a 8 persoas): Infantil (1º premio 120 euros, 2º premio 90 euros, 3º premio 60 euros); adulto (1º premio 120 euros, 2º premio 90 euros, 3º premio 60 euros).

 

As persoas interesadas en participar no desfile poderán anotarse na Casa da Cultura de San Ciprián, chamando ao 982.59.51.57, en horario de maña e ata o venres 1 de marzo incluído; e recibirán vales consumición para os establecementos hostaleiros locais.

Aceptaranse inscricións o mesmo día do desfile na Casa da Cultura pola mañá; e na Praza dos Campos, dende as 16:00 ata as 17:30 horas; pero sen dereito a vales.

Os participantes que desexen anotarse a partir das 17:30 horas do día do Desfile quedarán excluídos do concurso, pero poderán participar igualmente na marcha.

Os premios entregaranse na Praza dos Campos ás 21:30 horas; e todos os gañadores terán que recollelo co disfrace posto.

Os interesados en asistir á Comida de Entroido que organiza o C.I.T. poden facerse co seu ticket no propio local da entidade.

Carnaval Coletudo

Esta Festa, organizada pola Asociación Protectora de Animais Coletiñas coa colaboración do Concello de Cervo, terá lugar o venres, 1 de marzo, na Casa do Mar, de San Ciprián.

Ás 17:00 horas comezará a Festa Infantil. A entrada custará 6 euros e estará destinada a colaborar co colectivo. Haberá merenda con doces de Entroido e chocolate, talleres de pintacaras, globoflexia e xogos musicais.

Xa ás 23:00 horas comezará a Festa de Adultos. A entrada será de 2 euros; á unha da madrugada terá lugar a entrega de premios aos disfraces máis orixinais (individual, parella e grupo). A Festa estará amenizada por Dj Posesion.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa