NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PROGRAMA UNHA NOVA EDICIÓN DE CERVO CONCILIA POLO NADAL

O programa de conciliación familiar, dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos, dará comezo o 23 de decembro e finalizará o 5 de xaneiro

O prazo de inscrición remata o 16 de decembro

 

O Concello de Cervo organiza para este Nadal unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que dará comezo o 23 de decembro.

Este programa, que vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos,  componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, “sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias”, tal e como apunta a edil de Educación, Dolores García Caramés.

As inscricións poñeranse a disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello. O prazo para anotarse remata o 16 de decembro e as prazas son limitadas. O programa estenderase durante as vacacións de Nadal, finalizando o 5 de xaneiro.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa