NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO RECIBE AO TENIS DE MESA C.D. SAN CIPRIÁN POLO SEU ASCENSO A TERCEIRA NACION

O edil de Deportes, David Rodríguez, e o concelleiro de Protección Civil, Alfredo Fernández, quixeron felicitar a todo o equipo e corpo técnico por este logro e por unha temporada excepcional “na que resultaron invictos, tras 16 duelos disputados e gañados”

Ademais do equipo sénior, o club está creando canteira adestrando a un grupo de 16 nenos e nenas de entre 6 e 9 anos

O edil de Deportes, David Rodríguez, e o concelleiro de Protección Civil, Alfredo Fernández, recibiron este mediodía na Casa do Concello ao equipo –formado por 8 xogadores- e ao corpo técnico da sección de tenis de mesa do C.D. San Ciprián que veñen de firmar un ascenso a Terceira Nacional  “logo dunha tempada brillante e excepcional” na que non se deixaron ningún punto “permanecendo invictos ao gañar os 16 partidos xogados”, tal e como destacou Rodríguez.

Pola súa banda, o concelleiro de Protección Civil, quixo tamén poñer en valor o traballo que o C.D. San Ciprián están a facer coa base “creando canteira que permitirá que San Ciprián siga a ser un referente no mundo do tenis de mesa na provincia e en Galicia”; xa que nestes intres están a adestrar 16 nenos e nenas de entre 6 e 9 anos.

Fixéronlles entrega dunha figura de cerámica de Sargadelos como felicitación por ese ascenso logrado e desexáronlles moitos éxitos na vindeira temporada.

A sección de tenis de mesa do C.D. San Ciprián comezou a participar en torneos no ano 1993, logo dun longo parón, retomaron a competición no ano 2018; chegando a acadar ese ascenso a Terceira Nacional nesta tempada.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa