NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REESTRUTURA O TRÁFICO NA ZONA DA VEIGA PARA MELLORAR A SEGURIDADE

A rúa Asturias pasa a ser de sentido único, a rúa Concepción Arenal, a rúa das Areas e a rúa do Farillón cambian de sentido; ademais a rúa Rosalía de Castro tamén sufriu un cambio de sentido parcial

Habilitáronse ademais dúas novas prazas de estacionamento para persoas con discapacidade

O Concello de Cervo está a realizar estes días unha reestruturación do tráfico rodado na zona da Veiga co obxectivo de mellorar a seguridade dos condutores e dos peóns.

Deste xeito,  a rúa Asturias pasará a ser de sentido único, a rúa Concepción Arenal, a rúa das Areas e a rúa do Farillón cambia de sentido; ademais a rúa Rosalía de Castro tamén se viu afectada cun cambio de sentido parcial da circulación.

A edil de Policía Local, Mali Méndez, supervisou os traballos de sinalización vertical e horizontal que se realizan na zona, e fixo unha recomendación á veciñanza para que circulen con precaución atendendo á nova sinalización que xa entrou en vigor; máxime nestes momentos nos que todos nos temos que ir adaptando pouco a pouco aos cambios.

Ademais tamén se habilitaron dúas novas prazas de estacionamento para persoas con discapacidade na Rúa Concepción Arenal, na que tamén se cambiou o sentido dos aparcadoiros para mellorar a seguridade dos peóns.

Desde o Concello de Cervo agradecen a comprensión da veciñanza ante as molestias que poden causar estes días os traballos que se están  a realizar, e precisan que con estes cambios tanto a seguridade na zona como a visibilidade nalgunhas interseccións se verá notablemente reforzada.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa