NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REFORMA A PLANTA DE ACCESO Á CASA DA CULTURA

 O CONCELLO DE CERVO REFORMA A PLANTA DE ACCESO Á CASA DA CULTURA

 

§  A Casa da Cultura pasará a ser máis accesible para as persoas con mobilidade reducida.

§  A actuación consta dun orzamento de máis de 33.000 euros

 

Cervo, 11 de novembro de 2021. O rexedor Alfonso Villares, a delegada de Cultura, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Turismo, David Rodríguez  achegáronse ata as obras que se están executar na Casa da Cultura de San Ciprián.

 

A reforma consiste nunha mellora substancial no referente á funcionalidade na planta baixa do edificio, creando, en primeiro lugar, un acceso máis favorable ás persoas con mobilidade reducida. Tamén se efectuará unha renovación do pavimento, substituíndo o actual por unha superficie antideslizante que favoreza un uso non discriminatorio e máis seguro das instalacións.

 

O orzamento total desta actuación ascende aos 33.056,12 euros, subvencionados ao 90% pola Xunta de Galicia e o restante 10% polas arcas municipais.

 

Destaca Villares: “con esta obra conseguimos crear unha nova entrada ao edificio, que sexa máis cómoda para os usuarios da Casa da Cultura e, ademais, facilitamos o acceso a persoas con mobilidade reducida á instalación, ”. Engade tamén que “aproveitamos tamén para facer traballos na planta baixa que aporten unha maior funcionalidade ás instalacións, podendo aproveitar ó máximo o espazo dispoñible”.

 

Apunta a concelleira de cultura Dolores García Caramés que “grazas á aportación da Xunta de Galicia, conseguimos dotar á Casa da Cultura dun mellor acceso para todos os usuarios da instalación”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa