NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REFORZA A INFORMACIÓN SOBRE O COVID-19 NAS ZONAS MÁIS CONCORRIDAS DO MUNICI

Estanse a instalar paneis coas medidas a seguir pola poboación no peirao de San Ciprián, no paseo do Torno e nos parques municipais

Con 0 casos activos a día de hoxe, desde a Administración local recoñecen a solidariedade e o compromiso da veciñanza que está a ter un comportamento exemplar respectando as limitacións fixadas; e piden “non baixar a garda” para poder continuar nesta senda e recuperar canto antes a normalidade

O Concello de Cervo, a través das concellerías de Medio Ambiente e Turismo, está a reforzar estes días a información en materia de prevención do COVID-19 nas zonas máis concorridas e turísticas do municipio.

Así, nestas xornadas estanse a instalar unha vintena de paneis colgantes coa mensaxe “na praia sentidiño” e “no parque sentidiño” nos que se inclúen as medidas a seguir pola poboación para previr o COVID-19 –uso de máscara en todo momento menos na hora do baño, manter a distancia de seguridade ou lavar frecuentemente as mans; entre outras-.

A cartelería pódese ver na zona do peirao de San Ciprián, no paseo do Torno e nos parques municipais, zonas moi frecuentadas tanto pola veciñanza como polos turistas que visitan o municipio.

Así mesmo, xa está ondeando desde fai uns días a bandeira Azul na praia do Torno, e tamén a bandeira de Praia sen Fume; e 6 socorristas velan pola seguridade dos bañistas, aos que se lle pide que atendan e respecten en todo momento as súas recomendacións e os protocolos fixados pola seguridade de todos.

No Concello de Cervo a día de hoxe hai 0 caso activos de coronavirus; unhas cifras que hoxe podemos celebrar grazas ao comportamento exemplar da veciñanza que está a respectar en todo momento as limitacións fixadas; pero piden “manterse alerta” e “non baixa a garda” para poder continuar nesta senda e recuperar canto antes a normalidade.

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa