NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO REFORZA A INFORMACIÓN TURÍSTICA, CULTURAL E MEDIOAMBIENTAL NA CONTORNA DE S

Estes últimos días instaláronse novos paneis desdeñados desde a área de Turismo nos que se recolle a historia do Conxunto, que identifican os diferentes edificios que o conforman

Tamén se repoboaron diferentes especies autóctonas na senda botánica do Monte da Escarabelada; un percorrido de aproximadamente un quilómetro no que o visitante pode atopar unha trintena de exemplares coa súa ficha identificativa

Estanse a realizar ademais traballos de lixado e pulido do mobiliario e instaláronse caixas niño para os paxaros

 Desde a Administración local destacan o valor de Sargadelos “como un espazo único ao aire libre para desfrutar en familia sempre respectando todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19 e a contorna”

O Concello de Cervo vén de reforzar a información turística, medioambiental e histórica de Sargadelos coa instalación de diferentes paneis adaptados ao espazo nos que se recolle toda a información precisa para descubrir esta contorna excepcional do municipio.

O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e a concelleira de Medio Ambiente Mali Méndez, achegáronse este mediodía ata a zona para ver o resultado dos traballos que consistiron na instalación de novos carteis deseñados pola propia área de Turismo nos que se identifican cada un dos elementos que compoñen o Conxunto -en tres idiomas galego, castelán e inglés-: o edificio das antigas cabalerizas e a antiga nave de fundición, que hoxe albergan o Centro de Emprendemento e Artesanía; o Paseo dos Namorados, os Antigos Fornos, a senda botánica...; para que as persoas visitantes poidan situarse na contorna e aproveitar ao máximo a súa estancia en Sargadelos.

En concreto, instaláronse dous paneis grandes con información histórica e un mapa da zona; ademais de sinalización vertical respectuosa co medio; e unha trintena de paneis que a persoa visitante pode atopar ao percorrer a Senda Botánica do Monte da Escarabelada; un camiño de aproximadamente un quilómetro poboado con especies autóctonas.

Tamén se colocou un cartel informativo sobre o valor ornitolóxico da contorna, instaláronse 4 caixas niño no percorrido e procedeuse ao lixado, pulido e vernizado do mobiliario –traballos que terán continuidade nos vindeiros días- para desfrute da veciñanza coa chegada agora do bo tempo e dos días festivos.

Desde a Administración local destacaron tamén o valor didáctico dos traballos que se fixeron e animan a desfrutar de Sargadelos “como un espazo único ao aire libre para gozar en familia e entre amigos sempre seguindo todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19 e respectando a contorna”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa