NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ÚRXELLE Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL A ROZA DA “CARRETERA DA COSTA” QUE SE ATOPA

Villares: “xa lle solicitamos por escrito que proceda canto antes ao acondicionamento non só desta estrada, senón de todas as que son da súa titularidade e que a día de hoxe están invadidas pola maleza”

O Concello de Cervo úrxelle á Deputación provincial a roza das estradas do termo municipal que son da súa titularidade “e que a día de hoxe están invadidas pola maleza”.

Tal e como precisou o rexedor, Alfonso Villares “xa lle remitimos un escrito ao organismo provincial para que acondicione canto antes estas vías que a mediados de xullo presentan un estado lamentable, co conseguinte risco que pode supoñer para a seguridade”.

Villares puxo como exemplo máis representativo o da “Carretera da Costa”, a LU 1510, que une San Ciprián con Burela pola praia da Marosa, “moi transitada e que  xa ben avanzado o verán está case intransitable en moitos tramos”.

O rexedor puxo de manifesto, así mesmo, a necesidade de que a Deputación acometa  “polo menos dúas rozas ao ano para manter os viais nunhas mínimas condicións, e se ten que ser, como acontence na actualidade, só unha vez, “que polo menos o fagan a principio do verán”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa