NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO VOLVE A ESTAR PRESENTE NA FEIRA INTERNACIONAL DE TURISMO (FITUR) CO OBXECT

 O CONCELLO DE CERVO VOLVE A ESTAR PRESENTE NA FEIRA INTERNACIONAL DE TURISMO (FITUR) CO OBXECTIVO DE PROMOCIONAR O SEU PATRIMONIO HISTÓRICO E NATURAL

 

  • O rexedor, Alfonso Villares, e a tenente alcalde, Dolores García, viaxaron á capital, para amosar e promocionar na feira os múltiples atractivos do municipio

 

  • Nesta edición incídese no patrimonio histórico e cultural do Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos, que ven de converterse nun centro de emprendemento artesanal

 

  • Participaron nos actos centrais do día de hoxe, que incluían a presentación do Plan de Sostenibilidad Turística en A Mariña Lucense 2022-2024

Cervo, 21 de xaneiro de 2022.- O Concello de Cervo está presente un ano máis na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se está a celebrar en Madrid desde o 19 ao 23 de xaneiro. A delegación do Concello de Cervo está composta polo alcalde, Alfonso Villares, e a tenente alcalde, Dolores García Caramés.

Nesta nova edición preténdese incidir na posta en valor dun lugar emblemático do Concello de Cervo, como é o Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos. A zona, que ademais de atesorar un incalculable patrimonio histórico, paisaxístico e cultural, ven de converterse nun centro de emprendemento artesanal, que na actualidade conta con sete proxectos de diferentes sectores.

No día de hoxe, o alcalde e a tenente alcalde participaron nos actos centrais, entre os que se incluía a presentación do Plan de Sostenibilidad Turística en a Mariña Lucense 2022-2024.

Tal e como apuntou Villares, “dende o Concello estamos a facer unha aposta decidida para que Sargadelos sexa ese lugar de visita obrigada; non só no periodo estival, senón ao longo de todo o ano, e o noso papel aquí pasa por difundir os múltiples atractivos patrimoniais e culturais que garda”.

“Este tipo de feiras promocionais son a mellor vía para dar a coñecer o moito que ten que amosar Cervo no eido turístico, tanto a turoperadores coma aos posibles visitantes interesados en achegarse ata o noso concello” salientou o rexedor.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa