NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO VOLVE POSICIONARSE A FAVOR DO SECTOR DO MAR-INDUSTRIA ANTE O RISCO QUE SUPÓ

A proposta de Alcaldía, presentada a instancias da Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos, foi aprobada, nesta ocasión en pleno ordinario, cos votos a favor do PP e do BNG e coa abstención do PSOE

No pleno ordinario celebrado esta semana o Concello de Cervo –cos votos a favor do PP e do BNG, e abstención do PSOE- aprobou unha proposta de Alcaldía presentada a instancias da Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos (AGADE),  en defensa do emprego vinculado ao sector do mar-industria ante o risco que supón o proxecto de modificación da Lei de Costas do Estado para un sector estratéxico en toda Galicia e no noso municipio.

Tal e como precisan desde o Concello de Cervo, unha vez máis posicionámonos, como non podía ser doutro xeito, a favor do sector do Mar-Industria que vive intres de absoluta incerteza ante a ameaza de modificación do proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética, no relativo especialmente aos períodos de concesións no dominio público marítimo-terrestre “que mantén en vilo a todo un sector que ve como os prazos para presentar alegacións ao proxecto de reforma da Lei se prorrogan unha e outra vez, provocando inseguridade e inquedanzas no seo deste sector fundamental no eido económico e social na nosa Comunidade Autónoma”.

É a segunda proposta de Alcaldía que se aproba en pleno en apoio a este sector;  xa que o pasado 30 de xaneiro, e tamén a petición de AGADE -cos votos a favor do PP e coa abstención do PSOE e BNG- saíu adiante outra iniciativa contra o Proxecto de reforma do Regulamento de Costas.

En concreto, este xoves, a Corporación municipal de Cervo acordou en pleno –cos votos a favor do PP e BNG, e a abstención do PSOE- instar ao Goberno de España a:

1.    Que se modifique a redacción do proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética, garantindo a seguridade xurídica e a estabilidade a todo o sector da industria litoral, en particular, no relativo aos prazos das concesións no dominio público marítimo-terrestre

 

2.    Que cando se leve a cabo a modificación da normativa de Costas se teña en conta ao sector Mar-Industria alimentario de Galicia e, en particular, o piscícola, pola súa relevancia social e económica para a nosa Comunidade Autónoma.

 

3.    Manifestar o noso apoio institucional á continuidade de actividade e do emprego vinculado ás empresas acuícolas e, en particular, ás iniciativas sustentables que se desenvolven no noso municipio.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa