NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO XA CONTA CUNHA PISTA ECUESTRE NAS INMEDIACIÓNS DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

O rexedor e o edil de Deportes supervisaron a actuación acompañados por unha representación da mocidade do municipio afeccionada ao mundo cabalar

  • A obra supuxo un investimento de máis de 40.000 euros procedentes de fondos municipais

O Concello de Cervo vén de rematar os traballos de creación da pista ecuestre nas inmediacións das instalacións deportivas da Bidueira.

O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, achegáronse ata a zona para comprobar in situ o resultado da actuación acompañados por un grupo de mozos/as do municipio afeccionados ao mundo cabalar “porque esta iniciativa naceu da comunicación con eles, xa que hai unha gran tradición en Cervo”, precisou Villares quen engadiu que así, “tamén  conseguimos crear un espazo apto e seguro para a equitación dentro do noso concello”.

A realización desta pista, que supuxo un orzamento de máis de 40.000 euros procedentes de fondos municipais, é xa unha realidade  grazas á sinatura dun convenio por parte da Comunidade de Montes e o ente municipal, no que a Comunidade cede os terreos para a súa construción e o Concello aporta a financiación pertinente.

Con este novo proxecto búscase retomar a actividade nas instalacións da Bidueira, antigo campo de fútbol da S.D. Cervo -Sargadelos que quedaron abandonadas. Coa creación desta pista ao seu carón, podería ser sede de campionatos e diferentes tipos de encontros cabalares.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa