NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO XA TEN TODO PREPARADO PARA O NOVO CURSO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS D

Delimitáronse parcelas individuais nas aulas e establecéronse puntos de desinfección e dispensadores de xel hidroalcólico; ademais o protocolo establecido precisa que as persoas usuarias deberán levar un segundo calzado e mudarse antes de acceder á zona de exercicio e a máscara será de uso obrigatorio

O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes que dirixe David Rodríguez, xa ten todo disposto para o inicio da nova tempada das Escolas Deportivas Municipais de adultos que arrincarán o vindeiro xoves, 1 de outubro, cun estrito protocolo de seguridade e limite de aforo motivado polo COVID-19.

Tal e como explica Rodríguez “delimitamos parcelas individuais tanto no Ecomuseo en Cervo como na Cada do Mar en San Ciprián, para garantir a distancia de seguridade á hora de facer cada actividade; e establecemos puntos de desinfección en cada unha das aulas nas que impartiremos ximnasia de mantemento, pilates e aerozumba, actividades  coordinadas por Belinda Fra, co apoio do seu equipo de monitores profesionais”.

Desde o Concello recordan que o uso da máscara será obrigatorio en todo momento; así como desinfectar o material utilizado unha vez rematado o exercicio; ademais o protocolo establece que as persoas usuarias deberán levar un segundo calzado e mudarse antes de acceder á zona de exercicio.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa