NOVAS NOVAS
« Atrás

O CONCELLO RENOVA A REDE DE SANEAMENTO EN DIFERENTES ZONAS DE CERVO E SAN CIPRIÁN

Os traballos contan cun orzamento de 23.600 euros, procedentes do Fondo de Compensación Ambiental, da Xunta de Galicia.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado da Tenente Alcalde, Dolores García Caramés, e da edil de Obras, Mali Méndez, supervisou este mediodía os traballos de saneamento que se están acometer estes días no núcleo de Cervo, en concreto, na rúa Xosé María Cao, á altura do parque infantil Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane da capitalidade municipal.

Estes traballos, que estarán rematados previsiblemente a vindeira semana, veñen sumarse a outras actuacións de saneamento que se foron acometendo días atrás en San Ciprián, en concreto na Rúa do Cobo; tamén entre as rúas Aduana e Pena Mea; e no cruce da rúa da Caosa coas rúas Hospital, do Lugar e da Rúa do Campos.

As actuacións supoñen un orzamento de 23.600 euros, procedentes do Fondo de Compensación Ambiental, da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia.

Tal e como precisou o rexedor, Alfonso Villares, “desde o Concello decidimos destinar estes fondos a estas infraestruturas básicas, que non se ven, que están soterradas, pero que supoñen unha mellora da calidade de vida da veciñanza, e que para nós son actuacións esenciais que ocupan un lugar moi destacado na nosa acción de goberno”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa