NOVAS NOVAS
« Atrás

O ENCORO DE RIOCOBO ACOLLE ESTE SÁBADO 31 DE OUTUBRO A DERRADEIRA REGATA DA COPA DEPUTACIÓN DE

A competición comezará ás 15:30 horas

  • Na proba, ademais do club anfitrión -o Club Deportivo San Ciprián- competirán  o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban, como representantes mariñáns
  • O Encoro de Ríocobo acollerá o vindeiro sábado, 31 de outubro, a  derradeira regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.

 

O edil de Deportes, David Rodríguez, o responsable da sección de piragüismo do Club, Iván González e o adestrador do Club Sergio Álvarez, presentaron a proba que arrincará ás 15:30 horas; e na que competirán en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban.

O edil desexoulle moita sorte a todos os deportistas, que competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, nas modalidades K1 e C1; e especialmente aos representantes do Club Local que participará con 13 palistas; e animou a todos os visitantes a que gocen da competición e da contorna excepcional na que se desenvolve.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa