NOVAS NOVAS
« Atrás

O MONTE DA ESCARABELADA XA ALBERGA A TORRETA PARA DOTAR DE INTERNET AO COXUNTO HISTÓRICO ARTÍST

Ao abeiro dun convenio entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e os concellos para o despregue de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados

O Concello de Cervo leva moito tempo traballando e barallando todo tipo de alternativas para poder despregar internet no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, unha zona do noso municipio que sofre aínda as consecuencias da fenda dixital ao carecer de cobertura.

Neste senso, estes días xa quedou instalada a torreta no monte municipal da Escarabelada, , que alimentará a empresa Vodafone que resultou a adxudicataria da subvención posta en marcha pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Fegamp e os Concellos, para despregar redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados que carecen do servizo, como é o caso da parroquia de Sargadelos, que se verá beneficiada deste convenio.

Con esta actuación melloraranse as redes de telecomunicacións nesta contorna para  favorecer e facilitar a actividade no Centro de Emprendemento e Artesanía que alberga diferentes negocios para os que a conectividade resulta importante no día a día.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa