NOVAS NOVAS
« Atrás

O POLÍGONO DE CUÍÑA É O ESCENARIO DUNHAS PROBAS DE RESCATE DE PESCADOR CUN DRON AUTÓNOMO

 

O rexedor municipal, Alfonso Villares, acompañado da Tenente Alcalde, Dolores García Caramés e do edil de Formación e Emprego, David Rodríguez, presenciou este mediodía os exercicios de salvamento con drons realizados polo Instituto Tecnolóxico de Galicia, en colaboración coa AXEGA, na parcela do Polígono de Cuíña, que lles foi cedida polo ente municipal para a realización de probas experimentais para Vehículos Non Tripulados  "como unha aposta decidida polo I+d+I como valor seguro e con gran proxección de futuro", como precisou Villares.

O rexedor, que recordou que as conversas co ITG comezaron vai cinco anos, amosou a súa satisfacción ao ver como as propiedades municipais cobran vida propia cunha actividade ademais en potencial crecemento como é o sector dos drons, “que sitúa ao noso municipio no mapa da vangarda tecnolóxica, incrementando substancialmente a nosa visibilidade de cara ao exterior”.

Para o rexedor é fundamental facilitar a implantación de novas empresas ou servizos no ámbito municipal, como neste caso “é gratificante ver como se diversifica a actividade no noso municipio, abríndose novos nichos de mercado", subliñou.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa