NOVAS NOVAS
« Atrás

O SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO ACOLLEU O ACTO DE ENTREGA DE ÁRBORES FROITEIRAS E AUTÓCTONAS A AQU

O número de exemplares solicitados incrementouse en máis do 40% con respecto ao ano pasado

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares,  a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, e o concelleiro de Medio Rural, Plácido Pérez, entregaron esta tarde as árbores froiteiras e autóctonas aos veciños e veciñas que quixeron participar neste pedido conxunto, que dende o Concello se leva tramitando dende hai xa varios anos.

Villares subliñou que “a concienciación ambiental ocupa unha posición preeminente na nosa liña de traballo, e por iso poñemos especial énfase en iniciativas coma esta, coas que pretendemos abrir camiño aos veciños para que, neste caso a través da plantación de árbores froiterias e autóctonas, as súas fincas sexan cada vez máis produtivas”.

O rexedor recordou que desde o Concello levamos máis de dez anos repoboando as fincas municipais e comunais con especies do país, e queremos animar á veciñanza a que se sume a esta iniciativa e a leve á práctica nas súas propias leiras.

O ter tramitado o pedido conxunto supón, ademais, un importante aforro aos veciños e ás veciñas que solicitaron as árbores, que nesta ocasión foron especies moi variadas: maceiras, pereiras, cerdeiras, castiñeiros, nogueiras, laranxeiras, figueiras, carballos…

O número de exemplares solicitados incrementouse en máis do 40% con respecto ao ano pasado, superando o centenar; “cada vez son máis os veciños e veciñas que se suman a esta iniciativa, pero queremos que esta cifra vaia en aumento; animamos pois desde aquí á veciñanza a que revitalice as súas fincas con especies do país que son tamén unha herdanza para as futuras xeracións”, precisou pola súa banda Méndez.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa