NOVAS NOVAS
« Atrás

SAN CIPRIÁN VIVIRÁ UNHA GRAN FESTA DE SAN XOÁN DA MAN DE A REBOLAXE

Na cita, que conta coa colaboración do Concello de Cervo, haberá moita música, bocadillos de panceta, salchichas e chourizos asados e, por suposto, unha gran fogueira

O xoves 23, ás 19:30 horas, está prevista a actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona; e ás 00:00 tocará a banda local The Lazy Bones

O venres 24 haberá sesión vermú  con “mi rollo es el rock”, ás 13:00 horas

Ademais, sortearase unha pandeireta

O evento, que terá lugar no aparcamento do estanco na Praia do Torno, foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura e o concelleiro de Turismo, Dolores García Caramés e David Rodríguez, respectivamente, e unha representación da asociación A Rebolaxe.

 

Villares quixo loubar o traballo realizado por esta asociación á hora de dinamizar o noso concello, “enchendo de música e de alegría cada recuncho que pisan”.

 

Pola súa banda, Caramés, amosou a súa ledicia por poder recuperar este tipo de eventos tan importantes para a vila “que son un punto de encontro para a veciñanza” e convidou a veciños e visitantes a participar nas actividades programadas estes dous días de festa”.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa