NOVAS NOVAS
« Atrás

VILLARES DESTACOU O IMPORTANTE LABOR DO ALUMNADO E DOS MONITORES DO OBRADOIRO DE EMPREGO E A SÚ

No curso, que remata este mes e que se prolongou durante 9 meses, participaron 7 alumnos de Cervo

  • Está subvencionado pola Xunta de Galicia cunha aportación total de preto de 300.000 euros

 

O rexedor, Alfonso Villares, acompañado polo edil de Formacion e Emprego, David Rodríguez, e da concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, visitou ao alumnado e ao profesorado do obradoiro de Emprego “Sendas de Burela, Cervo e Xove V”, que remata este mes de xullo, e que se prolongou durante 9 meses.

 

O Concello de Cervo promove neste ocasión este taller compartido subvencionado pola Xunta de Galicia cunha aportación de 288.807 euros, no que se formaron, en total, 20 persoas desempregadas -7 alumnos en Cervo, en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería-.

 

Villares quixo poñer en valor o gran traballo levado a cabo tanto polo alumnado como polos monitores e “a súa gran contribución na mellora e acondicionamento das nosas zonas verdes, dos nosos espazos públicos”.

 

O rexedor explicou que os traballos centráronse fundamentalmente no acondicionamento da fonte do parque Reina Sofía, na contorna da Escola Infantil Municipal, dos exteriores das Escolas Vellas de Cervo e do Conxunto Histórico de Sargadelos; ademais da creación dunha composición ornamental na contorna da Capela de San Ciprián, no Porto de Arriba (na foto), e diferentes traballos de roza, poda ou plantación de especies de tempada.

 

Villares destacou a importancia que ten neste caso a colaboración institucional que “nos permite impulsar, grazas á inversión da Xunta de Galicia, este tipo de programas que contribúen enormemente a mellorar a empregabilidade dos participantes ofrecéndolles unha formación teórico-práctica de calidade da man de profesionais cualificados”.

 

Un curso –engadiu-, “que lles permitiu reforzar os seus coñecementos, e adquirir novas competencias nun oficio que ten proxección práctica na nosa zona; unha formación que pode impulsar tamén o emprendemento ao facilitarlles as ferramentas coas que poderían iniciar os seus propios proxectos”.

 

Ademais de favorecer a inserción laboral os participantes fan un importantísimo labor nos nosos termos municipais, tal e como puidemos constatar durante todos estes meses “xa que desenvolven diferentes tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas; das que toda a veciñanza pode desfrutar”.

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa