NOVAS NOVAS
« Atrás

VILLARES INAUGURA A II REUNIÓN DO FORO GALEGO LOCAL DE ECONOMÍA CIRCULAR

O alcalde cervense e vicepresidente primeiro da Fegamp, participou no encontro no que se abordan cuestións tan relevantes como a incidencia da nova lei de residuos para as entidades locais

O alcalde de Cervo e vicepresidente primeiro da Fegamp foi o encargado de inaugurar, xunto coa directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, a II reunión do Foro Galego Local de Economía Circular “FOGALEC”, que tivo lugar este luns na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

O encontro, que se desenvolveu durante toda a mañá, está dirixido a aquelas persoas que desenvolvan o seu labor técnico ou político nunha área con responsabilidades sobre a xestión de residuos dunha entidade local galega.

Na súa intervención, Villares, destacou o fondo compromiso das entidades locais á hora de dar cumprimento aos obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030; “especialmente sensibilizados para tentar dar resposta a unha emerxencia global que é unha auténtica carreira contrarreloxo”.

Neste senso, o alcalde, fixo especial fincapé nas dificultades que “nos atopamos en Galicia con este trazado xenérico, con dúas pendentes ben definidas: a dispersión poboacional e a xeografía”.

Con todo, engadiu, en canto a xeración de refugallos se refire, somos a sexta comunidade en cantidade con 423 quilos/habitante/ano; cifras -por suposto- que debemos e podemos mellorar co compromiso de todos/as.

 

En materia municipal, Villares afondou “nos considerables esforzos que a nova Lei de Residuos e Solos Contaminados, xa en vigor, vai traer para moitos concellos galegos, tamén en materia de planificación”.

Tamén destacou a “tremenda problemática dos plásticos”, que en 2020 representaban o 76% dos residuos das praias galegas.

O rexedor e vicepresidente primeiro da Fegamp puxo en valor o FOGALEC; agardando que os presentes aproveitasen “este espazo intercambio e recollida de ideas e experiencias”

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa