NOVAS NOVAS
« Atrás

VILLARES: “COA RENOVACIÓN INTEGRAL DA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL CONSEGUIMOS UNHA ACCESIBILIDADE REA

 Á hora de acometer a obra pensouse especialmente naquelas persoas que teñen dificultades de movemento “por iso se nivelou a beirarrúa coa estrada favorecendo a súa autonomía”

  • Coa instalación de mobiliario urbano –bancos de estrutura e material resistente- “logramos o obxectivo da eliminación de barreiras arquitectónicas, garantindo en todo momento a seguridade dos viandantes ao delimitar a zona dos peóns e do tráfico rodado”
  • A actuación supón algo máis de 240.000 euros procedentes de fondos municipais
  • Ademais, estase a renovar o alumeado público e as redes de saneamento, separando a recollida de augas fecais e pluviais, que ata o de agora non existía nesta zona

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Obras e Infraestruturas, Mali Méndez, achegáronse ata a Rúa Concepción Arenal, no centro urbano de San Ciprián, para supervisar os traballos de renovación integral que se están a acometer estes días, e puideron constatar que avanzan a bo ritmo.

Tal e como explicou Villares, con esta actuación integral, que supón un investimento de algo máis de 240.000 euros procedentes de fondos municipais, “conseguimos unha accesibilidade real e a humanización de toda a contorna, creando espazos públicos moito máis confortables para os viandantes”.

Á hora de acometer a obra pensouse, especialmente, naquelas persoas que teñen dificultades de movemento “por iso se nivelou a beirarrúa coa estrada favorecendo así a súa autonomía”, especificou o rexedor.

Villares precisou que estes días estase a proceder á instalación e reestruturación de diferente mobiliario urbano -bancos de estrutura e material resistente, xardineiras e papeleiras- “elementos que están sendo ordenados co obxectivo de eliminar todo tipo de barreiras arquitectónicas, conseguindo unha accesibilidade total e garantindo en todo momento a seguridade dos peóns ante o tráfico rodado; sendo ao tempo estas bancadas elementos funcionais que lle poden dar un servizo á veciñanza como áreas de repouso”.

Pola súa banda Méndez concretou que se construíron beirarrúas amplas e accesibles para favorecer a intercomunicación entre o comercio, as vivendas e os peóns que transiten pola zona.  Os traballos  que se están acometendo contemplan a renovación do pavimento de toda a rúa e a renovación dos servizos básicos como a rede de saneamento, independizando a recollida de augas fecais e pluviais –servizo, este último, que ata o de agora non existía nesta zona-. Ademais, tamén se está a renovar o alumeado público, substituíndo o tendido en superficie por unha canalización soterrada.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa