
XA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA ANOTARSE NO XXV CAMPIONATO DE TUTE CONCELLO DE CERVO QUE ARRINCARÁ
Poderán participar asociacións, clubs, bares..., do municipio, formando equipos de catro parellas
- As inscricións deberán formalizarse antes do 24 de outubro na Casa da Cultura, no Concello, ou a través do teléfono 686.970.388
- Ese mesmo día, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura, haberá unha reunión para planificar o calendario
- Realizarase un sistema de liga con enfrontamentos de ida e volta
O XXV Campionato de Tute Concello de Cervo arrincará o 5 de novembro.
A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez e por Félix Fernández, quen colabora desinteresadamente e que leva ao fronte do campionato desde os seus inicios.
A cita, xa máis que consolidada adoita reunir a un centenar de xogadores..
Tal e como apuntaron as partidas xogaranse nos diferentes locais hostaleiros e sedes de clubs, asociacións., etc, do municipio que desexen participar, formando equipos de catro parellas.
As partidas ou enfrontamentos realizaranse por sistema de liga, é dicir todos contra todos, a dobre volta, en cada un dos locais que establezan os equipos participantes.
As inscricións deberán formalizarse antes do 24 de outubro na Casa da Cultura, no Concello, ou a través do teléfono 686.970.388; ese mesmo día, ás 19:00 horas haberá unha reunión na Casa da Cultura á que están convocadas as persoas e entidades interesadas en participar na que se elaborará o calendario de enfrontamentos.