Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ABRIRÁ AS PISCINAS DE RÍO COBO ESTE VERÁN

Nas últimas semanas estanse a levar a cabo tarefas de mantemento e acondicionamento para que a veciñanza poida  facer uso delas nos meses de xullo e agosto

  • O ano pasado a falta de socorristas impediu a súa posta en funcionamento; nesta ocasión a previsión é a de dispoñer de sete profesionais para dar cobertura ás diferentes praias e a estas instalacións

 

O Concello de Cervo abrirá este verán as piscinas de Río Cobo.

Así o anunciou hoxe o alcalde Alfonso Villares, quen acompañado polo edil de Obras, a de medio ambiente, por algúns dos alcaldes pedáneos e técnicos municipais, estivo supervisando os traballos preparativos e de acondicionamento que se están a levar a cabo estas últimas semanas “para que a veciñanza poida facer uso destas instalacións, tanto das piscinas, como das pistas de squash, de fútbol sala, e de tenis que conforman o complexo; idóneas para poder desfrutar de momentos de ocio e lecer nestas datas que se aproximan”.

O rexedor recordou que o ano pasado tan só puidemos contar con cinco socorristas, o que nos impediu dar cobertura ás praias e a estas piscinas, polo que non puidemos abrilas ao público, pero nesta ocasión, a previsión é a de dispoñer de sete profesionais que velarán pola seguridade dos bañistas.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa