Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ACOMETERÁ UNHA RENOVACIÓN INTEGRAL DO PATIO DE XOGOS DA VEIGA, EN SAN CIPRI

Mellorarase a accesibilidade, substituirase o mobiliario urbano e instalaranse elementos alternativos de ocio para a mocidade, diferentes aos da Praza dos Campos

O Concello de Cervo acometerá nos vindeiros días unha renovación integral no patio de xogos da Veiga, ubicado en San Ciprián.

Así o comunicou hoxe o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quen, acompañado pola edil de Educación, Dolores García Caramés, visitou hoxe a zona na que se vai actuar na que “melloraremos a accesibilidade, substituiremos o mobiliario urbano, e tamén se retirarán as pezas de xogos que hai, instalando no sitio novos elementos de ocio alternativos para uso e desfrute da mocidade, diferentes aos que hai na Praza dos Campos”

Con esta actuación –engadiu o rexedor- pretendemos “mellorar e humanizar toda esta contorna, tan frecuentada anos atrás, plantexando unha zona alternativa, que queremos que sexa un novo punto de encontro para os mozos e mozas do noso municipio, no que poidan socializar e compartir tempo de ocio; pero tamén para os non tan mozos”; porque do que se trata, en definitiva, é de embelecer e facer máis confortable este espazo ao aire libre, situado no corazón de San Ciprián.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa