Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ORGANIZA UNHA XORNADA DE CONCIENCIACIÓN E SEGURIDADE VIARIA DIRIXIDA A TODA

 

A actividade principal é un simulador de envorco no que o alumnado do IES Marqués de Sargadelos puido experimentar o que se sente en caso de accidente

  • Villares apuntou que se pretende con esta acción “é concienciar da importancia de levar posto sempre, e de xeito correcto, o cinto de seguridade”
  •  O Concello de Cervo, a través da delegación de Seguridade Cidadá, organizou no día de hoxe unha xornada de concienciación de seguridade viaria dirixida a toda a veciñanza, pero fundamentalmente á xuventude.

A actividade central é un  simulador de envorco, que estivo instalado durante toda a mañá no patio do IES Marqués de Sargadelos, ao que puido subirse todo o alumnado e e experimentar o que se sente no caso de accidente.

Villares apuntou que o que pretendemos desde o Concello con esta xornada é “incidir na importancia de levar sempre abrochado o cinto de seguridade, con independencia do tempo de traxecto e da vía pola que se circule; e facelo de xeito correcto”, que foi unha das leccións que recibiron os mozos e mozas durante a sesión.

Ademais, tamén puideron probar unhas gafas de simulación de diferentes estados incompatibles coa condución “co fin de concienciar sobre unha circulación segura e responsable”.

A actividade trasladarase esta tarde ao centro de San Ciprián, ao aparcadoiro do estanco, para que toda a veciñanza poida probar o simulador de envorco.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa