Publicador de contidos Publicador de contidos
« Atrás

O ENCORO DE RÍOCOBO ACOLLE ESTE SÁBADO A CUARTA REGATA DE PIRAGÜISMO DA COPA DEPUTACIÓN

A competición disputarase desde as 10:00 ás 13:00 horas, aproximadamente, cando terá lugar a entrega de medallas

  • Uns 200 participantes daranse cita nesta proba organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo
  •  
  • O Encoro de Ríocobo acollerá este sábado, 7 de xullo, a cuarta regata da oitava Copa Deputación de piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.

 

O alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, presentaron a proba, acompañados do responsable da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián, Iván González, e dunha representación dos participantes do Club local que competirán na regata.

En total estímase que serán uns 200 deportistas os que se darán cita no Encoro de Ríocobo este sábado, para competir nas categorías Benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e sénior; todas elas probas mixtas.

A competición comezará ás 10:00 horas, e está previsto que as medallas e os trofeos se entreguen contra as 13:00 horas.

Participarán o Club Fluvial de Lugo, o club de piragüismo Cidade de Lugo, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz, o club de piragüismo de Viveiro, e o club local, o CD San Ciprián.

O rexedor desexoulle sorte aos representantes locais e apuntou que “desde o Concello de Cervo convidamos a todos, veciños e visitantes, a que se acheguen nesa xornada ao Encoro de Ríocobo e gocen desta competición e dunha contorna de luxo como é a que acolle esta proba”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa