Novas
« Atrás

MÁIS DE 230 XOGADORES PARTICIPARON NUNHA NOITES ALTERNATIVAS DE FÚTBOL 3X3 DE RÉCORD

 

Os equipos gañadores por categorías foron Inter de Melón (Sub 10), Futboleros (Sub 12), Furia Negra 2.0 (Sub 15), Minamo de Kiev (Sub 17) e Celta (Senior)

  • A vindeira semana será a quenda do Basket 3x3 na Praza dos Campos
  •  

 

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Xuventude e Deporte, continúa no mes de agosto coa programación das Noites Alternativas.

Esta semana foi a quenda do Fútbol 3x3 na Praza dos Campos. Os encontros disputáronse nas xornadas do luns, martes, mércores e onte xoves, cando tiveron lugar as semifinais e finais, ante numeroso público que se congregou no lugar para presenciar a competición.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e a edil de Xuventude, Dolores García Caramés, presenciaron os diferentes partidos e fixeron entrega das medallas aos equipos gañadores que resultaron ser por categorías o Inter de Melón (Sub 10), Futboleros (Sub 12), Furia Negra 2.0 (Sub 15), Minamo de Kiev (Sub 17) e Celta (Senior).

Tal e como sinalou o rexedor “foron unhas Noites de Fútbol 3x3 de récord con máis de 230 participantes, e 61 equipos, do Concello de Cervo e tamén de municipios veciños da Mariña, que se deron cita na cancha provisional instalada na Praza dos Campos”.

Villares recordou que no mes de xullo foron máis de 300 os participantes dunhas Noites Alternativas adicadas ao Kaiak, ao Fútbol Praia ou ao Vollei Praia, “son cifras moi positivas que nos fan sentir satisfeitos da axenda ocio-deportiva que deseñamos para este verán e que vemos que está a motivar moito aos rapaces, que están involucrados ao 100%”.

A filosofía deste equipo de Goberno, como vimos dicindo, “pasa por promover hábitos de vida saudables e a práctica deportiva no seu conxunto, neste caso en equipo, fomentando valores como a solidariedade, o compañerismo, e favorecendo a socialización dos máis novos”.

As Noites Alternativas do mes de agosto continúan para a semana co Basket 3x3, na Praza dos Campos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa