Novas
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO E AUGAS DE GALICIA ESTUDAN ALTERNATIVAS PARA LEVAR O ANTES POSIBLE AUGA DA TRAÍDA AO BURGO DE TRASBAR

 

  • As opcións que se barallan son utilizar as instalacións existentes que xestiona o consorcio Cervo-Burela a través do método do bombeo desa auga; ou facer unha nova captación de auga neste núcleo para abastecer aos seus veciños de auga pública

 

 

O Concello de Cervo e o organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Augas de Galicia, están a estudar alternativas para levar, o antes posible, auga da traída ao Burgo de Trasbar que, tal e como sinalou o rexedor, Alfonso Villares, “é o único lugar do noso Concello que non conta con este servizo público a día de hoxe; e levamos xa tempo traballando conxuntamente para axilizar a posta en marcha desta prestación”.

Deste xeito, o alcalde, acompañado do edil de Medio Rural, Plácido Pérez, da de medio ambiente, Manuela Méndez, e de varios técnicos especialistas desprazáronse esta mañá ata esa zona para buscar in situ a forma máis axeitada “para abastecer de auga pública aos veciños de Trasbar”.

O rexedor sinalou que entre as fórmulas que se barallan contemplamos “utilizar as instalacións existentes xestionadas polo Consorcio de Augas Cervo-Burela, a través do bombeo desta auga; ou ben facer unha nova captación de auga no val para fornecer á veciñanza deste servizo”.

Villares engadiu que “dende o Concello de Cervo estamos a traballar para axilizar na medida do posible todo o proceso e, en todo caso, a previsión é ter nas nosas mans como moi tarde a comezos de ano a solución definitiva, para logo redactar o proxecto das obras; para que o servizo poida ser unha realidade ao longo do 2018”.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa