Novas
« Atrás

A PARTICIPAR NA FESTA NA HONRA DE SAN CIPRIÁN O VINDEIRO 26 DE SETEMBRO

 

  • A cita está organizada pola Asociación de Xubilados Terra-mar, coa colaboración do Concello
  • Haberá unha misa cantada pola Coral Terra-Mar, comida e baile na Casa do Mar

 

A Asociación de Xubilados Terra-Mar, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza para o martes 26 de setembro, a Festa na Honra de San Ciprián.

A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada , o presidente do ente organizador, José Luis Sariego, e outros membros da directiva e da Asociación Terra-Mar; no local que teñen cedido na Casa do Mar, para desenvolver as súas actividades ao longo do ano.

ÁS 12:30 horas está programada unha misa solemne cantada pola coral Terra-Mar; ás 14:30 horas terá lugar a comida por un prezo de 15 euros para os socios da Asociación e de 25 euros para os non socios; e xa ás 17:00 horas dará comezo o baile na Casa do Mar.

O Concello de Cervo convida a todos, veciños e visitantes, a que participen da Festa o vindeiro 26 de setembro.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa