
Benvido/a á nosa páxina web. Un espazo pensado para ti, veciño, pero tamén, indubidablemente, para todos aqueles que desexedes facer unha viaxe virtual polo noso municipio e perdervos polos moitos recunchos que agocha.
Esta plataforma pretende ser unha das principais canles de comunicación para estar en contacto directo e permanente coa veciñanza; pero tamén é a ventá aberta de Cervo ao mundo.
A nosa carta de presentación e o punto de partida para crear un vínculo co visitante, que se sinta atraído por un pobo que ten moito que ofrecer e que eu, como Alcalde, convídovos a descubrir.
Esta páxina pretende ser un escaparate de todo canto acontece no noso municipio. E para elo tentamos aproveitar todas as posibilidades que nos ofrece a internet, especialmente a inmediatez, actualizando constantemente contidos e informacións relativas ao Concello e a todas as actividades lúdicas, culturais ou deportivas que se programan neste marco, co obxectivo de que os nosos veciños estean permanentemente informados; pois a transparencia é unha das máximas sobre as que entendemos que se debe sustentar a Administración.
É pois, unha canle de interrelación e interacción adaptada aos tempos, coa que pretendemos estar máis preto ca nunca dos cervenses, aos que animo a que sexan partícipes da xestión do seu municipio, e nos fagan chegar suxerencias, ideas ou comentarios, co fin de, entre todos, seguir a construír pobo, seguir a construír a realidade de Cervo, que queremos compartir tamén con aqueles que nos visiten.
Agardo, pois, que este paseo por Cervo sexa unha experiencia agradable e enriquecedora, que te anime a volver.
Dolores García Caramés
Alcaldesa de Cervo