galeria-portlet
Novas de turismo Novas de turismo
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO CELEBRA ESTE PRÓXIMO SÁBADO, 4 DE MARZO, A TRADICIONAL FESTA DO MEXILLÓN

Un total de oito locais hostaleiros ofrecerán tapas que terán ao molusco como común denominador

Haberá tamén venda de mexillón cocido na carpa da Praza dos Campos da man da Asoc. Amigos da Maruxaina, sesión vermú con disco móbil Conxuro que repetira á noite, trala orquestra Fania Blanco Show

O Concello de Cervo celebrará este vindeiro sábado 4  de marzo a Festa do Mexillón, que vai pola XXIX edición.

Ao longo da xornada os 8 locais participantes ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán no mexillón o seu denominador común. Participarán O Noso Lar, Las Titas, A Bodega, O Faro, Aquelarre, Maruxaina, O Trasgo e o CIT.

Tamén haberá venda de mexillón cocido na carpa da Praza dos Campos da man da asociación Amigos da Maruxaina desde o mediodía.

A festa estará amenizada pola Disco Móbil Conxuro durante a sesión vermú desde ás 13:30 horas, e repetirá pola noite tras a actuación da orquestra Fania Blanco Show prevista para as 22:30 horas.

Villares quixo salientar que “este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida á nosa vila e sempre son un reclamo para atraer visitantes, ofrecendo un produto do mar con tantas posibles receitas elaboradas polos nosos hostaleiros, que unha vez máis nos sorprenderán coas súas grandes dotes culinarias”.

Desde o Concello de Cervo animan a todos e todas, veciñanza e visitantes, a desfrutar desta xornada, que terá o Mexillón como protagonista.

 

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa