galeria-portlet
Novas de turismo Novas de turismo
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO ELIMINARÁ A PRESENZA DE VEHÍCULOS NAS MARXES DA VÍA PRINCIPAL DE SARGADELOS

  • A creación do novo aparcamento público tras o edificio das Carboeiras, e con máis de 50 prazas de capacidade, foi concibida con este obxectivo de “semipeatonalizar” na medida do posible esta zona de gran valor natural e patrimonial
  •  
  • Nos vindeiros días procederase a acondicionar o firme diante do antigo edificio das Cabalerizas que hoxe alberga o Centro de Emprendemento e Artesanía, limitando o seu tránsito exclusivamente para uso peonil

  • O Concello de Cervo está a realizar unha mellora integral no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, como lugar emblemático do municipio polo seu gran valor natural e patrimonial.

    Neste sentido, a administración local vén de crear un novo aparcamento público, coa colaboración da Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, nunha parcela municipal situada na parte traseira do antigo edificio das Carboeiras, que supuxo un investimento de preto de 70.000 euros, e que ten capacidade para máis de 50 vehículos.

    Tal e como explicou o rexedor, Alfonso Villares, que estivo supervisando as obras acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, do delegado territorial da Xunta, Javier Arias, da tenente alcalde, Dolores García Caramés, e do edil de Turismo David Rodríguez,

    “Este novo aparcamento foi concibido co obxectivo de seguir a traballar na posta en  valor de toda esta contorna privilexiada” con elo imos conseguir o obxectivo  de “eliminar a presenza de vehículos das marxes da vía principal para mellorar a seguridade e tamén o impacto visual nesta zona”.

    Unha vez rematado este aparcamento -que xa está habilitado ao tráfico-  as persoas que visiten o Conxunto Histórico xa teñen unha alternativa real e práctica para estacionar os seus vehículos sen interferir na panorámica da zona.

    A liberación de tráfico desta estrada permitiranos –engadiu Villares- facer máis atractiva a visita a este enclave, que é un dos puntos con maior valor turístico e patrimonial do noso municipio. Para este fin, nos vindeiros días procederase a acondicionar o firme diante do antigo edificio das Cabalerizas que hoxe alberga o Centro de Emprendemento e Artesanía, limitando o seu tránsito exclusivamente para uso peonil.

    Villares recordou ademais, que esta nova infraestrutura pública que conta co aval de Patrimonio, tamén servirá para potenciar os negocios establecidos neste espazo para o emprendemento que impulsamos desde o Concello de Cervo, xa que “permitirá aumentar a afluencia de visitantes ao verse incrementadas as posibilidades de estacionamento na zona”.

    E é que na actualidade, o Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos é un dos puntos con máis afluencia de visitantes do municipio. Dende a creación do centro de emprendemento, que nestes intres frecuentan 7 negocios artesáns, a localización veu incrementado o seu potencial turístico, sendo un punto de visita obrigada para os visitantes ao longo de todo o ano.

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa