galeria-portlet
Novas de turismo Novas de turismo
« Atrás

O CONCELLO DE CERVO PROTAGONIZA A NOVA CAMPAÑA DE LOTERÍA DE NADAL QUE SE PRESENTOU ESTE XOVES

“Tres orquídeas” é o título desta emotiva historia construída en torno ao Faro da Atalaia e que converteu a localidade de San Ciprián nun auténtico estudio de cine Villares: “é un orgullo que o noso municipio fose o escollido para rodar un dos anuncios máis agardados do ano”

O Concello de Cervo protagoniza a nova campaña de lotería de Nadal que se presentou este mesmo xoves e que se compón de tres historias, unha delas rodada no noso municipio.

Baixo título “Tres Orquídeas” o anuncio que se emite desde hoxe mesmo, conta unha fermosa historia chea de xenerosidade que xira en torno ao Faro de San Ciprián.

A gravación levouse a cabo durante a fin de semana do 22 e 23 de outubro e entre as localizacións escollidas están o Faro da Atalaia, o Bar Aquelarre ou Efectos Navais Rubio.

Tal e como precisou Villares, “é un orgullo que o noso municipio fose o escollido para rodar un dos anuncios máis agardados do ano”. Desde o Concello tentamos facilitar na medida do posible a rodaxe –precisou- porque entendemos que é unha oportunidade protagonizar o spot por excelencia do ano.

Temos que agradecer –por suposto- a comprensión e a colaboración da veciñanza neses días de gravación nos que se viu un pouco alterada a súa rutina diaria.

A fortuna sorriunos ao ser escollidos para a rodaxe –engadiu- Pero por que non?…imos soñar ao grande…E a ver se o Gordo tamén se deixa caer por Cervo e facemos pleno este Nadal. Crucemos os dedos.

 No seguinte enlace podedes ver o anuncio completo:

 https://www.youtube.com/watch?v=w17hPKsF2rs&list=PLHx_5NcHoYbXobI6R_dTofV48_3LYVMzZ&fbclid=IwAR2OIL9Sj8_1R5se5mnB2IMH2RD2qzFHIy88XJVNLrLARqknnf4oiC-dfPU

  

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa