Servizos 2ª Planta Concello de Cervo
« Atrás
Punto de Información Catastral (PIC)
É a oficina autorizada pola Dirección Xeral do Catastro no Concello de Cervo.
Nesta oficina pódense solicitar os seguintes servizos:
- Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
- Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
- Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar coma titular catastral, relativa ao propio solicitante.
- Servizo de consulta e descarga de notificacións electrónicas nos procedementos catastrais.
Extensión: 217 e 244