Plano 2ª Planta Plano 2ª Planta

Na segunda planta existen os seguintes servizos:

Servizos 2ª Planta Concello de Cervo
« Atrás

Traballadora Social

No Concello de Cervo dispoñemos dun departamento de Servizos Sociais, formado por dúas traballadoras sociais. Estas persoas son as profesionais da acción social que se ocupan de:

  • Realización de informes sociais, necesarios para a tramitación de pensións, axudas de emerxencia, etc…
  • Tramitación de pensións non contributivas de xubilación.
  • Tramitación de pensións non contributivas de invalidez.
  • Tramitación de prestacións para a terceira idade.
  • Tramitación da solicitude do recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema (Lei de dependencia).
  • Tramitación anual da solicitude das prestacións destinadas ás persoas maiores dependentes no seu propio fogar.
  • Tramitación da solicitude de axuda a emigrantes retornados.
  • Tramitación da solicitude do recoñecemento do grao de minusvalía.
  • Tramitación de prestacións da Seguridade Social.
  • Tramitación anual de solicitudes da terceira idade para as viaxes do Imserso.
  • Coordinación do servizo de axuda a domicilio.

 

    Extensións: 218 e 226

   serviciossocias@concellodecervo.com

Escudo
© CERVO 2017
Praza do Concello, s/n
27891 Cervo
Tel.: +34 982 557 777 - Fax : +34 982 557 729
CONÉCTATE A CERVO

O Concello de Cervo tamén está contigo nas redes sociais. Sigue toda a súa actualidade a través destas canles e participa!

  • Flickr
  • Twitter
  • Facebook
  • Youtube
  • RSS
  • Google+
  • Picasa