
EMILIO RODRÍGUEZ EIJO
(Cuíña, Cervo 1916 -Jujui, Arxentina)Fillo de muiñeiros, emigrou tamén a Arxentina, pero non para a capital, senón para Jujui, onde aprendeu o oficio de xoieiro, progresando ata facerse cun grande negocio de xoiería (elaborando tamén os típicos coitelos dos gauchos). Chegou a ser alcalde do seu municipio de adopción e a viaxar por todo o mundo, con visitas periódicas á súa terra e á súa familia, á que pertencía o bispo Leopoldo Eijo Garay. Costeou dous quilómetros da estrada que parte da vía estatal de Cervo ata o lugar de Cuíña. Mercou tamén os terreos necesarios para o ensanche (duns seis metros de ancho) e dispuxo que se plantasen árbores. Comprometeuse finalmente a conservala e reparala cando fose necesario.